ADEUS CHUPETE, ADEUS CUEIRO…. SEN BAGOAS.

O próximo venres 5 de Abril (18:00-20:00 h) desenvolvermos o obradoiro para familias de nenos de 0 a 6 anos.

A quen vai dirixido?

Familias que se achegan ó momento/idade para a primeira retirada de cueiro e chupete.

Familias que están en proceso de retirada con retrocesos.

Familias con nen@s maiores de  4 anos que non acadaron o control de esfínteres diurno/nocturno.

Qué aprenderemos?

  • Ritmos e hitos de desenvolvemento das nosas crianzas.
  • Cando e como?
  • Sairemos como pais e nais capaces de identificar os períodos sensibles e momentos claves para a retira de chupete cueiro.
  • Coñecer aqueles procedementos contraproducentes para o logro do control de esfínteres.
  • Maneiras de retirada respetuosas que favorecen aprendizaxes significativos.
  • Para aqueles nenos/as, con retrocesos, coñecer indicadores de alerta como un diagnóstico de enuresis e/ou encopresis e cando intervir terapéuticamente.
  • Como proceder a partir dos 4 anos de idade e acompañalos de cara a autonomía no control de esfínteres.

Quen o imparte?

Imparte:   Raquel Bello Varela

Psicóloga Xeral Sanitaria, Especialista en Terapia Familiar Sistémica e certificada en Disciplina Positiva.

Responsable e Directora Sanitaria de Espacio Oikos.