ADEUS CUEIRO, ADEUS CHUPETE, SEN BÁGOAS.

O pasado xoves 29 de novembro estivemos de novo en Vigo. Nesta ocasión, Raquel Bello, psicóloga de Espazo Oikos, estivo a compartir un espazo para a xestión en positivo das temidas despedidas do cueiro e chupete.

Aprendemos de xeito dinámico maneiras para o manexo destos cambios minimizando o sufrimento e facendo destes momentos, hitos de aprendizaxe e oportunidade de crianza en positivo, gratificantes para pais, nais e crianzas.

Grazas familias viguesas, de novo un pracer seguir medrando xunt@s!