EDUCACIÓN SENSORIAL PARA BEBES.

O pasado 10 de outubro o equipo de Psicoloxía e Pedagoxía de Espazo Oikos  desprazámonos a Vigo para  dar a coñecer a nosa metodoloxía en estimulación temperá en bebés.

Raquel Bello, Psicóloga de Espazo Oikos, impartiu o obradoiro nas fabulosas instalacións do Auditorio Mar de Vigo,.

O obradoiro centrouse especialmente na educación sensorial, tratando de achegarnos ás dúbidas e necesidades plantexadas pola familias asistentes.

Fantástica experiencia a vivida con estes pais, nais e bebés vigueses!.