EDUCACION SENSORIAL E ESTIMULACION DE INTELIXENCIAS MULTIPLES EN BEBES.

Descubrir cal é o foco de interés das nosas crianzas, mostrar respeto polos seus ritmos, ofrecerlles un entorno sensorial estimulante e libre, acompañalos na xestión das suas emocións….. Son algunhas das prácticas que levamos a cabo no obradoiro celebrado na ludoteca de Carballo o pasado martes 12 de febreiro.

Raquel Bello, psicóloga sanitaria de Espazo Oikos, compartiu este tempo con familias nun momento tan enriquecedor como é a primeira infancia dos pequen@s da casa.