ESTIMULACION DAS INTELIXENCIAS A TRAVES DO SENSORIAL

O pasado 19 de febreiro na ludoteca de Carballo, Raquel Bello, psicóloga de Espazo Oikos estivo a desenvolver un obradoiro sensorial  onde pequenos e maiores xogaron a integrar o sensorial en favor dunha estimulación respetuosa das diferentes intelixencias.

Non faltou oportunidade, par por en práctica pequenas pautas para estimulación da intelixencia emocional.