FISIOTERAPIA PEDIATRICA NO BEBE PREMATURO.

Marzo 4, 2019, En COMUNICACIONES,Oikos

O número de bebés prematuros e a sua supervivencia aumenta co paso dos anos debido fundamentalmente ó avance da Ciencia.

¿Cando e cómo un bebé se considera prematuro?

Un bebé prematuro é aquel que nace antes das 37 semanas de xestación, soe ter un baixo peso (menor de 2,5 kg), frecuencia respiratoria rápida, choro- succión- deglución débiles, hipertonía, baixa temperatura corporal… Ó nacer antes da finalización da xestación é inmaduro (non dispón dun desenvolvemento completo).

Canto máis prematuro sexa un bebé maior probabilidade de alteracións asociadas. Isto non significa que non poida recuperarse, pero neste proceso é significativo contar coa valoración e o tratamento dun equipo multidisciplinar do que, neste artículo, imos a destacar a labor da Fisioterapia Pediátrica.

¿Cales son los riscos de ser un bebé prematuro?

  • Patoloxía Neurolóxica (Retraso no Desenvolvemento Psicomotor, Lesións do Sistema Nervioso….).
  • Patoloxía Respiratoria (Bronquiolitis, Enfermidade Pulmonar Crónica…)
  • Patoloxía Dixestiva (Refluxo, Cólicos do lactante, Estreñimento…)
  • Densidade mineral ósea disminuida (Osos máis débiles, Talla corta e maior tasa de Fractura).
  • Alteracións Visuais, Auditivas…
  • Tendencia á obesidade

¿Cuándo debe actuar a Fisioterapia?

Destacar que é esencial apreciar calquier tipo de alteración da manera máis temprana posible debido a que a intervención terapéutica nos primeros años de vida é mais efectiva.

A figura da Fisioterapia aporta un valor crucial tanto no ingreso hospitalario como posteriormente.

Durante o seu ingreso un@ Fisioterapeuta Pediátric@ formará parte do Método Nai Canguro (contacto pel con pel), e realizará técnicas de fisioterapia respiratoria, osteopatía e métodos de fisioterapia neurológica entre outros.

Tras o seu ingreso recoméndase valora acudir a consultas de fisioterapia como mínimo ata a adquisición dunha marcha autónoma e adecuada.

Obxetivo da Fisioterapia

O obxetivo global da fisioterapia será axudar a previr enfermidades no bebé prematuro, mellorar a sua saude e por tanto a sua calidade de vida aproximándoo  na medida do posible ós ítems de desenvolvemento psicomotor correspondentes á sua idade. Para a consecución de este obxetivo traballar dentro dun equipo multidisciplinar (psicoloxía, logopedia, terapia ocupacional…), favorece unha intervención global máis ventaxosa.

                                                                                                  

Valoración Fisioterapéutica

Tanto na valoración como no tratamiento  teremos en conta a Idade Corrixida do bebé(sobre todo nos 2 primeiros anos de vida).

A fisioterapia encargase de  valorar o  Tono, a Postura, os Patróns de Movemento, a Coordinación, o Equilibrio, os Reflejos (Normais e  Patolóxicos), as Reacciones Asociadas, os Ítems de Escalas de Desenvolvemento Psicomotor, a Presencia de Deformidades e Contracturas, os Aspectos Sensoriais, as alteracións do Aparato Respiratorio, Aparato Dixestivo….

Tratamiento Fisioterapéutico

Debido á inmadurez xeral do bebé prematuro, o tratamento de fisioterapia irá dirixido a aqueles sistemas ou aparatos que o requieran empleando para isto:

  • Métodos de Fisioterapia Neurológica (Bobtah, Le- Metayer, Castillo- Morales, Vojta…)
  • Técnicas de Fisioterapia Respiratoria.
  • Osteopatía.
  • Reeducación Propioceptiva.
  • Vendajes neuromusculares.

Mencionar como aspecto positivo no tratamento dos bebés prematuros a sua facilidade de aprendizaxe motor (principalmente nos casos nos que non hai lesión neurolóxica).

Como siempre, además de lo que la ciencia nos ofrece, los poderes mágicos de papá y mamá,enc colaboración con profesional da fisioterapia, é a mellor axuda para a boa evolución dos seu pequen@.

CRISTINA MARTÍN GARCÍA

Fisioterapeuta Pediátrica do Equipo Multidisciplinar de Espazo Oikos.