MINDFULNESS EN FAMILIA

 O pasado 6 de novembro, Raquel Bello, psicóloga de Espazo Oikos, estivo en Rianxo desenvolvendo un obradoiro de Mindfulness en Familia. O minfulness é unha técnica de entrenamento da atención, que nos permite estar máis presentes e  conscientes do noso aquí e agora. Adultos e crianzas tomaron contacto coa mesma a través de experiencias sensoriais.

O mindfuness e o seu entrenamento reporta beneficios tales como: unha maior capacidade de atención, autorregulación emocional, xestión de sintomatoloxía física, etc.