NOVA UNIDADE TERAPEUTICA: TERAPIA OCUPACIONAL.

NOVA UNIDADE TERAPEUTICA: TERAPIA OCUPACIONAL.

QUE É A TERAPIA OCUPACIONAL?

A Terapia Ocupacional é unha disciplina socio-sanitaria que ten como obxectivo acadar a máxima funcionalidade posible a través do desenvolvemento de técnicas e actividades destinadas a acadar unha maior autonomía e independencia nas actividades da vida diaria e, así, lograr unha participación activa na sociedade promovendo a salude e o estado de benestar físico, psicolóxico e social.

QUE PERSOAS SON AS DESTINATARIAS DA TERAPIA OCUPACIONAL?

Desde a Terapia Ocupacional realizamos evaluacións sistematizadas co fin de obter un xuizo clínico previo á intervención terapéutica de nen@s, adultos e terceira idade.

Persoas con Discapacidade física e/ou sensorial, Trastornos neurolóxicos o neurodexenerativos, Trastornos do Espectro Autista ou outros Trastornos do Neurodesenvolvemeto, Retrasos madurativos, Problemas de saude mental, Discapacidade intelectual, Problemas co consumo de tóxicos, Persoas con Dano Cerebral Adquirido, etc.

CALES SON ÁREAS DE INTERVENCIÓN?

Entrenamiento nas actividades da vida diaria.

  • Promoción da autonomía nas actividades diarias: vestido, aseo, hixiene e arreglo personal.
  • Dificultades e/ou diagnósticos vinculados ás funcións de: alimentación, control de esfínteres, relación e participación social, xogo …
  • Dificultades na execución e planificación nas tarefas académicas: lecto-escritura, atención, xestión do tiempo de traballo e lecer, psicomotricidade, etc.
  • Establecemento de hábitos, roles e rutinas nas actividades diarias.
  • Adestramento en estratexias de descanso e sono axeitadas..
  • Xestión da salude: control da medicación e hábitos de vida saudables.
  • Manexo do diñero e compras.
  • Coidado do fogar: pautas, rutinas e materiais necesarios para o cuidado do fogar.

Fomentar unha participación activa na comunidade.

  • Asesoramento na utilización dos recursos comunitarios.
  • Exploración de intereses e promoción do lecer inclusivo.
  • Adestramento nos sistemas de comunicación alternativa.
  • Coñecemento e exploración das novas tecnoloxías da información e comunicación (TICs).

Adaptación funcional do entorno domiciliario, escolar e/ou laboral.

Diseño, adaptación e entrenamiento no uso de productos de apoio, órtesis e prótesis.

Axuda ó cuidador/a e apoio ás familias.

  • Asesoramento sobre recursos e servizos disponibles na comunidade.
  • Medidas ergonómicas e de economía articular.