OIKOS

 

foto face ABRIL 2019.jpg 2

QUEN SOMOS

Somos un equipo multidisciplinar de profesionais cualificados e con experiencia en diferentes áreas (educativa, sanitaria, social…) unidos para desenvolver un proxecto comprometido coa saúde, o crecemento e desenvolvemento da persoa a nivel individual e, na súa visión global, a familia.

A NOSA FILOSOFÍA

En OIKOS confiamos e cremos firmemente no potencial de cada persoa.

Baixo esta premisa unímonos co obxetivo e o desexo vocacional de aportar á nosa sociedade un espazo positivo destinado ao desenvolvemento de actividades de ocio saudable, ao coidado e recuperación da saúde, á aprendizaxe continuada, á creatividade e ao desenvolvemento e xestión de emocións.

QUE FACEMOS

Cubrimos diferentes necesidades da familia, desde o momento previo ao nacemento dos máis pequenos ata o traballo cos maiores de cada casa.

DeNde diferentes disciplinas (psicoloxía, fisioterapia, logopedia, artes escénicas, educación…) traballamos de maneira individual con cada un dos seus membros e/ou de maneira global con todos os seus integrantes.

Ven a coñecernos!

Proba as nosas actividades e atopa a que máis che guste. Sen compromiso