PROGRAMA ADULTO INTELECTUM

Mente e corpo ó ximnasio!

O noso grupo de maiores de 65 de Laxe, móstrannos cómo as ganas de aprender e o entusiasmo por manterse activas, fai delas unhas auténticas mentaatletas.

O pasado 4 de decembro Raquel Bello, comezou a impartición do programa ADULTO INTELECTUM (diseño e metodoloxía propia de Espazo Oikos) no concello de Laxe. Trátase dun método de estimulación cognitiva e coordinación fisico-mental, cunha metodoloxía propia, na que teñen cabidad distintas técnicas de importación xaponesa, que veñen validando a sua efectividade en funicóns cognitivas e coorrdinación psicomotriz.

Todo un pracer acompañar á terceira idade no pracer da aprendizaxe e no disfrute do mesmo.