SENSIBILIDADE ORAL EN PERSOAS TEA

O pasado venres 15 de marzo celebrouse ALIMENTEA, unha mesa redonda para unha abordaxe multidisciplinar da sensibilidade oral en persoas con TEA. O acto tivo lugar no colexo de médicos de Santiago de Compostela e a organización veu da man dos colexios de profesionais de Terapeutas Ocupacionais, Logopedas e Odontólogos.

A mesa estivo moderada por Patricia Hidalgo, Logopeda de Espacio Oikos. Fantástica experiencia, a de  compartir un espazo para a reflexión e aportación multidisciplinar, na que tiveron cabida e participación activa profesionáis da logopedia, odontoloxía e terapia ocupacional con traxectoria no temática elixida así como persoas con diagnóstico de TEA.