ENGADIMOS UNHA NOVA UNIDADE DE INTERVENCIÓN: REEDUCACION PEDAGOXICA.

Agosto 21, 2017, En Sin categoría

En que consiste a reeducación pedagóxica?

A reeducación psicopedagóxica, habitulamente levada a cabo por profesionais de la Psicoloxía, Pedagoxía y Psicopedaxía, é unha intervención psicoeducativa específica orientada a alumnos que mostran algunha dificultade concreta de aprendizaxe vinculada á preseza dalgún trastorno específico como a dislexia, a discalculia, o TDAH,  o TEL (Trastorno Específico da linguaxe), o TANV (Trastorno de Aprendizaxe Non Verbal), TEA (Trastornos do Espectro Autista), etc. Tamén é útil e beneficiosa para aqueles nen@ e adolescentes que desexan potenciar o seu rendemento (en ausencia de dificultades específicas de aprendizaxe e outros problemas emocionais), así como para alumnos con altas capacidades.

Partindo dunha evaluación previa, trabállase de cara á consecución de obxetivos terapéuticos e  expectativas do nen@ ou adolescente estimulando diferentes habilidades cognitivas (atención, memoria, percepción, orientación temporal e visoespacial, linguaxe, razoamento, metacognición, planificación, flexibilidade cognitiva, etc.). Trátase de fomentar e xeneralizar estratexias no desenvolvemento de recursos propios, a partir das suas potencialidades, que permitan compensar e mellorar áreas onde o rendemento é deficitario ou mellorable.

Fomenta unha mellora de la autonomía, autoestima, da percepción de autoeficacia, da motivación e de aqueles comportamentos e hábitos que facilitan unha adecuada rutina de estudio ou traballo. A sua vez, promove a disminución ou eliminación de aquellas conductas que interfiren ou dificultan o desempeño.