Todos os pais esperan o día no que o seu fill@ diga a súa primeira palabra, pero nalgúns casos este momento faise esperar máis do desexado ou non chega a darse.
Nos nen@s con autismo pode ou non presentarse a súa comunicación oral, dependendo das suas características individuais.
Desde a logopedia axudamos ás familias e aos seus nenos para atopar unha vía comunicativa.
Como podemos axudarlles a mellorar ou incorporar a comunicación?
Podemos empezar co uso de sistemas aumentativos de comunicación, como pode ser o manexo de imaxes ou signos.
A cooperación coa familia é importante do mesmo xeito que tamen o é o modo no que o resto de profesionais que traballan co neno (mestres, amigos, etc) o fagan.
Dispor dunha comunicación por unha vía e que esta sexa realizada no maior número de contextos facilita enormemente a tarefa integradora para poder logar unha comunicación bidireccional exitosa.
E se fala?
Deberase de avaliar se a súa comunicación oral é correcta. Se as súas palabras están acordes e son comprendidas polo resto de persoas.
Atopámonos en ocasións nenos que cunha linguaxe dotada de vocabulario, pero non carente en contido comunicativo, son nenos que memorizan diálogos ou anuncios e repítenos pero sen interese comunicativo.
Por exemplo, podemos estar a indicarll que ese frasco do baño é unha crema e o neno responde “a mellor crema de España sae menos de 3 euros, porque comprar as máis caras”, neste exemplo apréciase claramente que aínda que está a falar do mesmo obxecto non hai comunicación, esta a repetir o anuncio que memorizou.
Ten máis de 7 anos e non emitirá palabras nunca?
Como indicamos cada paciente ten ritmos diferentes e non podemos responder cun si ou un non rotundo.
Se chegada esta idade non utiliza ningún tipo de comunicación oral deberase buscar outra vía comunicativa que sexa acorde non só para o neno senón tamén para a súa familia e entorno natural.
O esencial non é como nos comunicamos, senón ter a posibilidade de facelo.
Renunciar a comunicarnos cos nosos pequenos, nunca e unha via de elección.