Autismo. Siñais de Alerta.

Autismo. Siñais de Alerta.

Hoxe deixámosvos algúns consellos para saber se un neno ten autismo:

O Autismo (TEA-Trastorno do Espectro Autista) é un trastorno de tipo neurobiolóxico con manifestacións desde os primeiros anos de vida e afectación en todos os ciclos vitais.

¿Qué notaremos nun nenx con TEA?

Os trastornos do espectro autista (TEA) encádranse dentro dos trastornos do neurodesenvolvemento que se caracterizan polas alteracións relacionadas coa comunicación e a interacción social, así como por presentar intereses fixos e conductas repetitivas.

Algúns indicadores de alerta poden ser:

  • Non se interesa polos seus iguais iguaiss/ compañeirxs.
  • Non comparte os seus intereses, non os sinala, non trata de compartirlos con xestos ou verbalizacións.
  • Non presenta xogo simbólico
  • Ten intereses restrictivos
  • Non establece contacto visual
  • Anomalías na emisión, forma e contido contenido da linguaxe. Ten unha linguaxe literal (ou non aparece esta)
  • Rexeita o contacto físico
  • Insistencia irracional no seguimento de rutinas
  • Ten unha resposta deficitaria na reciprocidade social ou emocional. Reacciona pouco ante a voz dos seus pais, baixa resposta cando o chaman polo seu nome,…
  • Pode mostrar movementos non habituais, estereotipados e repetitivos, como o balanceo ó camiñar de puntas, aleteo coas mans…

Se observas alguns destes indicadores no teu fillx, diríxete a profesionales especialistas. O diagnóstico de TEA segue un proceso multidisciplinar e interdisciplinar e a detección e intervención temperà è un factor fundamental para un pronóstico favorable no seu desenvolvemento.

Se queres aprender máis vótalle un ollo o noso curso con Amaya Ariz.