Descripción
Este reto é un asesoramento durante 3 semanas coa nutricionista do centro, Natalia Hospido, para poder ter todas as ferramentas e coñecementos para planificar o teu menú semanal e o de toda a túa familia.
Porque facer dieta non é a solución, o fundamental é ter as bases dunha alimentación saudable e saber como levalo á práctica.
Por iso hai 3 piares fundamentais: coñecemento, flexibilidade e autonomía. E con este reto poderás adquirilos e aplicalo na contorna que che rodee… Dá igual que teñas nenos ou non, dá igual que sexas home ou muller, dá igual….. axudarache a que o poidas facer á túa maneira.
EN QUÉ CHE PODE AXUDAR ESTE RETO?
É un programa creado e desenvolvido de forma íntegra por nutricionistas para que poidas crear o menú que necesitas, o que se adapta ás túas necesidades e circunstancias. E conseguir ademais, que planificar o menú NON se converta no pesadelo da semana.
Se queres aprender a organizarche, aforrar tempo na cociña e deixar de pensar cada día que comer porque che faltan ideas e comer saudable paréceche aburrido… Este reto é para ti.
DURANTE 3 SEMANAS VÉMONOS EN TELEGRAM
Cada día, durante 3 semanas:
- Na canle privada de telegram poñerase a información correspondente a ese día. Desta forma a información quedará organizada cronoloxicamente e pódese seguir a orde sen problema de perderse.
- No chat privado de telegram poderase comentar dúbidas e cuestións sobre a información compartida na canle. O chat é para poder crear comunidade, compartir dúbidas, consellos, tips e calquera consulta relacionada co tema.
ÓNDE E CÁNDO PÓDESE FACER?
O material de cada día compártese en formato PDF ou imaxe a través da canle de telegram, por tanto, pódelo facer desde onde queiras: desde casa, o parque, o traballo… . Sempre vas ter a información no dispositivo onde os descargues, para velo e revisalo sempre que queiras.
E desde se queres participar no chat, poderás preguntar todas as dúbidas que queiras. Moitas veces esas dúbidas son compartidas e ao poñelas no chat pódense achegar ideas e posibles solucións.
TODO O QUE TES
- Primeira ferramenta básica: o prato saudable.
- Segunda ferramenta: planificador do menú semanal.
- Exemplo de menú e receitas.
- Despensa saudable.
- Ideas rápidas.
- Etiquetado nutricional. Procesados saudables e ultraprocesados.
- Tamaño das racións.
- Recetias por grupos de alimentos e por tipo de prato.
- Tempos de cocción adecuados.
- Alimentos de temporada.
- Resolución de dudas por telegram 1 día cada semana.
- Resolución de dudas en directo por Zoom al rematar o reto.