É NORMAL QUE O MEU BEBÉ TARDE MOITO EN ANDAR?

É NORMAL QUE O MEU BEBÉ TARDE MOITO EN ANDAR?

Xeralmente as crianzas empezan a camiñar entre os 13 e os 15 meses, pero non é unha regra fixa, uns comezan meses antes e outros tardan algún mes máis. Como moi tarde aos 18 meses débese iniciar a marcha.

Que pode causar que o noso bebé se retrase en camiñar?

  • Bebé amedoentado
  • Bebé tranquilo (confórmase na súa zona de confort cos xoguetes que ten ao alcance das súas mans e mostra menor interese por moverse e explorar a contorna).
  • Péquenos moi altos para a súa idade, con máis peso do recomendado ou que se manexan á perfección gateando tamén se atrasarán no inicio da marcha.
  • Antecedentes familiares (proxenitores que tardaron en camiñar)
  • Moito colo (ao pequeno non se lle estimula para que se mova, para que explore o mundo que lle rodea)
  • Bebé prematuro (ter en conta a súa idade corrixida).
  • Non gateou (precursor da marcha), aínda que hai excepcións de pequenos que andan sen gateo previo.
  • Alteracións nos órganos dos sentidos principalmente a vista.
  • Presenta algunha patoloxía que implica retraso no desenvolvemento psicomotor.

Se tes dúbidas sobre se o teu bebé está a tardar moito en andar, desde o servizo de Fisioterapia Pediátrica de Espacio Oikos podémosche axudar. Valoramos ao teu bebé, revisamos a consecución dos ítems das escalas de desenvolvemento psicomotor e precisamos a etapa de desenvolvemento na que se atopa e a súa relación coa normalidade.

Para todas as causas nomeadas que provocan un atraso na adquisición da macha existe tratamento de fisioterapia pediátrica neurolóxica (asociado a tratamento médico nos casos que sexa necesario).