RETO: Aprende a organizar o menú da semana para toda a familia

RETO: Aprende a organizar el menú de la semana para toda la familia.

Este reto é un asesoramento durante 3 semanas coa nutricionista do centro, Natalia Hospido, para poder ter todas as ferramentas e coñecementos para planificar o teu menú semanal e o de toda a túa familia.

Porque facer dieta non é a solución, o fundamental é ter as bases dunha alimentación saudable e saber como levalo á práctica.

Por iso hai 3 piares fundamentais: coñecemento, flexibilidade e autonomía. E con este reto poderás adquirilos e aplicalo na contorna que che rodee… Dá igual que teñas nenos ou non, dá igual que sexas home ou muller, dá igual….. axudarache a que o poidas facer á túa maneira.

EN QUÉ CHE PODE AXUDAR ESTE RETO?

É un programa creado e desenvolvido de forma íntegra por nutricionistas para que poidas crear o menú que necesitas, o que se adapta ás túas necesidades e circunstancias. E conseguir ademais, que planificar o menú NON se converta no pesadelo da semana.

Se queres aprender a organizarche, aforrar tempo na cociña e deixar de pensar cada día que comer porque che faltan ideas e comer saudable paréceche aburrido… Este reto é para ti.

DURANTE 3 SEMANAS VÉMONOS EN TELEGRAM

Cada día, durante 3 semanas: 1. Na canle privada de telegram poñerase a información correspondente a ese día. Desta forma a información quedará organizada cronoloxicamente e pódese seguir a orde sen problema de perderse. 2. No chat privado de telegram poderase comentar dúbidas e cuestións sobre a información compartida na canle. O chat é para poder crear comunidade, compartir dúbidas, consellos, tips e calquera consulta relacionada co tema.

ÓNDE E CÁNDO PÓDESE FACER?

O material de cada día compártese en formato PDF ou imaxe a través da canle de telegram, por tanto, pódelo facer desde onde queiras: desde casa, o parque, o traballo… . Sempre vas ter a información no dispositivo onde os descargues, para velo e revisalo sempre que queiras.

E desde se queres participar no chat, poderás preguntar todas as dúbidas que queiras. Moitas veces esas dúbidas son compartidas e ao poñelas no chat pódense achegar ideas e posibles solucións.

TODO O QUE TES

1. Primeira ferramenta básica: o prato saudable.
2. Segunda ferramenta: planificador do menú semanal.
3. Exemplo de menú e receitas.
4. Despensa saudable.
5. Ideas rápidas.
6. Etiquetado nutricional. Procesados sudables e ultraprocesados.
7. Tamaño das racións.
8. Recetas por grupos de alimentos e por tipo de prato.
9. Tempos de cocción adecuados.
10. Alimentos de temporada.
11. Resolución de dudas por telegram 1 día cada semana.
12. Resolución de dudas en directo por Zoom al finalizar el reto.

EQUIPO DOCENTE

Natalia Hospido

Graduada en Nutrición Humana e Dietética pola Universidade de Santiago de Compostela (Nº Colexiada GAL-00110) e Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Con 4 anos de experiencia na educación alimentaria e o cambio de hábitos a nivel individual ou familiar.

Docente e divulgadora en entidades privadas e públicas de temáticas varias acerca de: alimentación complementaria (BLW), dietoterapia, etiquetaxe nutricional, planificación dun menú saudable,…

Tutora de prácticas de alumnos do ciclo superior de Dietética (Instituto Técnico de Estudios Profesionales Móstoles) e do Grado de Nutrición Humana e Dietética (USC).

Cursos de especialización

Curso avanzado en vitamina D, saude e enfermedade
Curso Experto en Dixestivo
Cursos para nutricionistas en TCA, alimentación consciente, psiconutrición e entrevista motivacional
Curso de especialización en Nutrición infantil

INVERSIÓN

30 €

5/5

ORGANIZA

lo Oikos grande 77

Todos nuestros cursos tienen

icono estrella

CONTENIDO Y METODOLOGIA DE ALTA CALIDAD

Contenidos actuales a través de metodología teórico-práctica completamente dinámica y con casos prácticos. Al finalizar te sentirás cualificad@ y entusiasmad@ para el buen uso de la técnica/conocimientos adquiridos.

icono teléfono

ASESORIA Y APOYO DE LOS EXPERTOS

El equipo docente somos especialistas y expertos en la materia impartida. Contarás además con un servicio de asesoría a posteriori de la impartición del curso, para tus consultas y acompañamiento en tu práctica diaria.

Icono medalla Espacio Oikos

CERTIFICADO DE FORMACION

Avala los conocimientos adquiridos y te cualifica para aplicar los conocimientos/ técnicas aprendidos.