Hoxe aconsellámosvos, mulleres embarazadas, a MASAXE PERINEAL.
QUÉ É?
Trátase dunha medida física preventiva que se realiza en mulleres embarazadas coa finalidade de protexer o periné do traumatismo durante o parto. Ademais axuda a familiarizarse coa sensación de estiramento do periné permitindo a súa relaxación durante o parto e reduce a dor perineal no postparto.
VENTAXAS
- Aumento da elasticidade favorecendo a circulación sanguínea do periné e facilitando a relaxación deste plano muscular durante o parto.
- Redución na incidencia de episiotomías e da dor postparto.
- Promove o coñecemento da anatomía corporal propia.
- É unha técnica fácil de realizar sen efectos prexudiciais para a nai nin para o feto.
CÁNDO ESTÁ INDICADO?
A súa eficacia demostrouse se se comeza a realizar a partir da semana 32-34 de xestación, entre 2 e 7 veces por semana, durante 10-15 minutos.A constancia é fundamental para mellorar a elasticidade do periné.
A aplicación da masaxe pode ser molesta durante as primeiras semanas, pero irán desaparecendo gradualmente. A colaboración da parella é unha gran axuda para a muller gestante. Son beneficiosos para previr os rachos ou episiotomías nos partos.
En Oikos, dende a nosa Unidad da Muller, axudámosche a ti á túa parella para iniciarvos nesta masaxe. Acompañámosche na prevención da túa saúde, na vivencia do teu parto e o teu posparto.