Nos últimos tempos, o Covid-19 levounos a coñecer testimonios de persoas que pasaron por un proceso de intubación.
A intubación é un dos procedementos máis frecuentes nas unidades de coidados intensivos. Ainda que o propio proceso nos fai intuir a dureza do mesmo, tamén ten efectos a posteriori, relacionados coa fala e a comunicación como consecuencia da presencia do tubo na cavidade oral.
Moitas persoas pasan polo proceso de intubación como consecuencia de enfermidades ou accidentes. Nos últimos meses vimos como o Coronavirus pode ser unha delas.
Na fase de post-intubación os pacientes poden presentar unha disminución do control da musculatura, alteracións na voz e problemas na deglución, è decir, dificultades a hora de tragar alimentos sólidos e/ou líquidos, podendo presentarse unha alteración da deglución, coñecida polo término disfaxia.
A partir deste momento as necesidades poden ser tan diversas como pacientes existan. Os pacientes que poden presentar disfaxia orofarinxea son: pacientes intubados na UCI, pacientes que están en planta pero tiveron unha infección ou insuficiencia respiratoria ou neumonía, e pacientes que tras alta hospitalaria, desarrollan sintomatoloxía de desnutrición e problemas ó tragar.
O papel do logopeda nestes casos é evaluar e rehabilitar, aportar ferramientas necesarias ó paciente para devolverle a sua capacidade deglutoria e lograr unha alimentación correcta e normalizada.
O Logopeda acompaña ó paciente no proceso de recuperación da sua calidade de vida.