Que é?
A disgrafía é un trastorno da aprendizaxe no cal se teñen dificultades para a escritura, en concreto, existe unha dificultade na coordinación dos músculos da man e o brazo dominante.
Cales son os signos máis visibles?
- Escritura ilexibleUnha escritura lenta e complicada
- Mal agarre do útil de escritura (lapis, bolígrafos…)
- Dificultades na organización da información cando se escribe
- Oracións mal construídas.
Existe relación entre a disgrafía e a dislexia?
Ambas son trastornos da aprendizaxe, aínda que cada uns deles afecta a procesos cognitivos diferentes, por iso faise tan importante diferencialos e realizar un correcto diagnóstico e tratamento.
Ademais, unha persoa pode presentar á vez dislexia e disgrafía, mesmo é frecuente asocialos a outros trastornos do desenvolvemento tales como TDAH.
Como podemos axudar ao teu fillo/a?
O tratamento da disgrafía (e tamén da dislexia) require de terapia e reforzo pedagóxico.
Se identificas que o teu neno ou nena ten problemas coa lectura ou escritura, desde a área de Pedagoxía podemos axudarche e traballar na solución, sempre baixo unha metodoloxía activa e enfocada nos intereses dos pequenos.