Que é a Integración Sensorial?

Que é a Integración Sensorial?

Segundo Jean Ayres, a integración sensorial é a responsable da organización de todas as sensacións que recibimos do noso corpo e do ambiente, o que nos permite interactuar eficientemente coa contorna e experimentar a satisfacción apropiada.⁣

Estas sensacións chégannos a través dos sete sistemas sensoriais: Gusto, Olfacto, Visión, Audición, Propiocepción e Vestibular. Estes dous últimos son menos coñecidos pero esenciais xunto co tacto na intervención desde o enfoque da integración sensorial.⁣

Cando existe un problema nesta interpretación sensorial poden xerarse problemas de aprendizaxe, alimentación, conduta, etc. que interferirán na participación e o desempeño ocupacional do neno na súa vida diaria.

Iremos explicando máis conceptos básicos sobre o Enfoque de Integración Sensorial. Mentres tanto, non te quedes con dúbidas, consúltanos as túas inquietudes, estamos á túa disposición.