SISTEMAS AUMENTATIVOS DE COMUNICACION

SISTEMAS AUMENTATIVOS DE COMUNICACION

SISTEMAS AUMENTATIVOS DE COMUNICACION

Comunicarse é transmitir unha información ou mensaxe a través dun código coñecido por quenes forman parte do acto comunicativo. É algo fundamental na natureza, xa que permite a nosa supervivencia (tanto en nós como en outros seres vivos).

Watzlawich, Beavin e Jackson, na sua teoría da comunicación humana, analizaron a parte máis pragmática da linguaxe (a maneira na que a comunicación pode afectar á conducta humana) e visualizaron a existencia de cinco grandes principios ou axiomas que se toman como verdadeiros e se cumplen sempre.

O primeiro dos axiomas da comunicación establece que nos é imposible non comunicar, porque todo comportamento é comunicativo.

Así que, partindo desta verdade probada, vamos a entusiasmarnos co feito de que sempre o estamos a facer e vamos a utilizar calquier canle que nos supoña comunicarnos cos nosos fillxs, alumnxs ou veciñxs. Ainda que aprimeira vista teñamos a sensación de que non podemos facelo, entón, recordemos que non podemos elexir non comunicarnos.

Podemos comunicarnos de diferentes maneiras, non só con palabras. Desde a logopedia a miudo axudamos a pacientes con diferentes dificultades na mellora da sua comunicación e ésta, no é sólo oral. Axudamos ó paciente e ó seu entorno directo (familia) na mellora da sua comunicación e en consecuencia, na sua calidade de relación.

A comunicación aumentativa inclue todas as modalidades de comunicación (a parte da fala) utilizadas para expresar pensamentos, necesidades, desexos e ideas. Todos utilizamos este tipo de comunicación cando usamos xestos, expresiónss faciais, símbolos, ilustracións ou también aa escritura.

¿Qué sistemas se poden utilizar?

Desde o empleo de xestos determinados, o control da mirada, aplicacións tecnolóxicas, uso de pictogramas, tableiros de comunicación… a amplitude de sistemas son tantos como os tipos de pacientes e necesidades que presenten, e a imaxinación do/a logopeda.

¿Sólo son para pacientes que non falan?

Non, chámanse sistemas aumentativos porque aumentan a comunicación, é dicir, melloran a comunicación que xa tes. Recorda que a tes, non eres libre de no tela.

Tamén son chamados sistemas alternativos porque é unha alternativa á comunicación oral, que é a máis habitual.

As persoas con graves disfuncións da fala ou linguaxe, dependen deste tipo de  comunicación para complementar a fala residual ou como unha alternativa á fala non funcional.

Hoxe queremos docirte que a comunicación é posible, sólo debemos encontrar a canle axeitada a cada interlocutxr, ó código axustado para transcribir o que cada un de éstos está comunicando, o contexto adecuado e, en definitiva, o sistema comunicativo que nos leve ó noso obxectivo: comunicarlos coa persoa á que queremos recibir e transmitir.

Se necesitas máis información sobre estos sistemas de comunicación escoitámoste na unidade de Logopedia de Espacio Oikos.