TEL.TRASTORNO ESPECIFICO DA LINGUAXE

TEL.TRASTORNO ESPECIFICO DA LINGUAXE

HOXE, 30 de setembro, día internacional del TEL.

O trastorno específico da linguaxe é un trastorno da comunicación que interfire no desenvolvemento das habilidades lingüísticas en nen@s que non teñen pérdida de audición ou discapacidade intelectual. Con habilidades cognitivas normotípicas e sen causa demostrable, sufren unha alteración da linguaxe que afecta significativamente na sú vida.

Os nen@s en idade preescolar con TEL poden presentar estas dificultades:

  • Tardar máis en agrupar palabras en oracións, en comparación con outros da sua idade.
  • Ter dificultad para aprender novas palabras e conversar.
  • Ter dificultade para seguir instruccións.
  • Cometer con frecuencia erros gramaticales ó falar.

Ainda que algúns nen@s tardan máis en comezar a falar, co tempo logran porse ó día cos seus iguais. Os nenos con TEL teñen dificultades persistentes coa linguaxe ó longo de todos os ciclos vitais.

As dificultades máis comúns en nen@s maiores e adultos con TEL son:

  • Uso limitado de oracións complexas.
  • Dificultade para encontrar as palabras correctas.
  • Problemas de lectura.
  • Narración e escritura desorganizadas.
  • Erros gramaticais e ortográficos frecuentes.

O Trastorno Específico a Linguaxe (TEL) é un trastorno grave e duradeiro que afecta á adquisición da linguaxe desde os inicios, se prolonga durante a infancia e a adolescencia, podendo deixar nalguns casos afectacións significativas na idade adulta.

Se tes dúbidas sobre este trastorno ou queres máis información non dubides en contactarnos.

Queremos emocionarnos contigo.