Unidades terapéuticas
Unidade de Terapia Ocupacional
A Terapia Ocupacional é unha disciplina socio-sanitaria que ten como obxectivo acadar a máxima funcionalidade posible a través do desenvolvemento de técnicas e actividades destinadas a conseguir unha maior autonomía e independencia nas actividades da vida diaria e, así, lograr unha participación activa na sociedade promovendo a saude e o estado de benestar físico, psicolóxico e social.
QUE PERSOAS SON AS DESTINATARIAS DA TERAPIA OCUPACIONAL?
Desde a Terapia Ocupacional realizanse evaluacións sistematizadas co fin de obter un xuizo clínico previo á intervención terapéutica de niños, adultos e anciáns.
Persoas con Discapacidade física e/ou sensorial, Trastornos neurolóxicos ou neurodexenerativos, Trastornos do Espectro Autista ou outros Trastornos do Neurodesenvolvemento, Retrasos madurativos, Problemas de saude mental, Discapacidade intelectual, Problemas con consumo de tóxicos, Persoas con Dano Cerebral Adquirido, etc.
CALES SON AS ÁREAS DE INTERVENCIÓN?
Entrenamiento nas actividades da vida diaria.
- Promoción da autonomía en as actividades diarias: vestido, aseo, hixiene e arreglo persoal.
- Dificultades e/ou diagnósticos vinculados ás funcións de:alimentación, control de esfínteres, relación e participación social, xogo …
- Dificultades en execución e planificación en tareas académicas: lecto-escritura, atención, xestión do tempo de traballo e ocio, psicomotricidade, etc.
- Establecemento de hábitos, roles e rutinas nas actividades diarias.
- Adiestramento en estratexias de descanso e sono
- Xestión da saude: control da medicación e hábitos de vida saludables.
- Manexo de diñeiro e compras.
- Coidado do fogar: pautas, rutinas e materiais necesarios para o coidado do fogar.
Fomentar unha participación activa na comunidade.
- Asesoría para a utilización dos recursos comunitarios.
- Exploración de intereses e promoción do ocio inclusivo.
- Adiestramento nos sistemas de comunicación alternativa.
- Coñecemento e exploración das novas tecnoloxías da información e comunicación (TICs).
Adaptación funcional do entorno domiciliario, escolar e/ou laboral.
Diseño, adaptación e entrenamento no uso de productos de apoio, órtesis e prótesis.
Axuda ó coidador e apoio ás familias.
- Asesoramento sobre recursos e servizos disponibles na comunidade.
- Medidas ergonómicas e de economía articular.