A nutrición é o conxunto de procesos, hábitos, etc., relacionados coa alimentación humana. Alimentarse é un dos actos voluntarios que repetimos máis veces de forma consciente durante toda a nosa vida. De aí a importancia de que a nutrición se realice de forma adecuada e saudable, desde idades ben temperás con asesoramento de profesionais sanitarios cualificados na materia.
Este servizo ten como piar básico a educación alimentaria e vai dirixido:
– A todas as persoas interesadas por mellorar os seus hábitos de alimentación, desde os 6 meses de idade. Tanto para mellorar patoloxías como a hipercolesterolemia e a hipertensión, como para previr múltiples patoloxías como o cancro, enfermidades autoinmunes ou obesidade, asociados en gran medida a estilos de alimentación pouco saudables.
– A proxenitores que queiran comezar a alimentación complementaria das súas criaturas de forma saudable e segura.
– A pais e nais con problemas de selectividade á hora da comida, dificultade para buscar alternativas saudables ou recursos para mellorar a alimentación da familia.
– En patologías de adultos, como el SOP o patologías digestivas.
– A embarazadas para manter unha alimentación durante a xestación adecuada en nutrientes e en patoloxías asociadas a este período, como a diabetes xestacional.