Unidades terapéuticas

logo pieza puzzle

Unidade de Pedagoxía

A reeducación pedagóxica ou psicopedagóxica, habitualmente levada a cabo por profesionais da Psicoloxía Educativa, Maxisterio, Pedagoxía e Psicopedaxía, é unha intervención psicoeducativa específica orientada a alumnos que mostran algunha dificultade concreta de aprendizaxe vinculada á presenza dalgún trastorno específico como a dislexia, a discalculia, o TDAH, o TEL (Trastorno Específico da Linguaxe), o TANV (Trastorno de Aprendizaxe Non Verbal), TEA (Trastornos do Espectro Autista), etc.

Tamén é útil e beneficiosa para aqueles nen@s e adolescentes que desexan potenciar o seu rendemento (en ausencia de dificultades específicas de aprendizaxe ou otros problemas emocionais), así como para alumnos con altas capacidades.

Partindo dunha evaluación previa, trabállaos de cara á consecución de obxectivos terapéuticos e expectativas do nen@ ou adolescente estimulando diferentes habilidades cognitivas (atención, memoria, percepción, orientación temporal e visoespacial, linguaxe, razoamento, metacognición, planificación, flexibilidade cognitiva, etc.).

Fomentamos a xeración e xeneralización de estratexias e no desenvolvemento de recursos propios, a partir dos seus potenciais, que permitan compensar e mellorar as áreas onde o rendemento é deficitario ou mellorable.

Fomentamos a autonomía, autoestima, da percepción de autoeficacia, a motivación e hábitos favorables que facilitan unha adecuada rutina de estudo ou traballo

Necesitas axuda?